Friday 03 de May de 2024

O concello licita a xestión enerxética e mantemento da climatización, calefacción, ventilación e auga quente de catro edificios


O Concello, o Conservatorio, A Fieiteira e o Viveiro de Empresas

Tal e como sae publicado no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, o Concello de Riveira informa do inicio do prazo da presentación de ofertas para a contratación da xestión enerxética e mantemento integral das instalacións de climatización, calefacción, ventilación e auga quente sanitaria de catro edificios municipais: Casa do Concello, Conservatorio, Complexo Deportivo da Fieiteira e Viveiro de Empresas.

O contrato ten a cualificación de contrato mixto de obras, subministración e servizos e ten unha duración de catro anos, se ben para as obras que se inclúan na prestación P4 (obras de mellora e renovación das instalacións) o período de execución será de 120 días a partir da sinatura do contrato.

O orzamento de licitación ascende a un total de 460.981,19 euros, IVE incluído.

O tipo de trámite é ordinaria do con procedemento aberto. Para a presentación de ofertas disponse dun prazo de 30 días naturais.